jueves, 28 de mayo de 2015

"El orden de las cosas"

"El orden de las cosas" - Irmáns Esteban Alenda

-A semana pasada tivemos unha charla sobre violencia de xénero coa psicóloga Amanda Díaz Pena. A
charla foi sucedéndose en torno a unha curta da que falaremos máis adiante que reflicte o problema da violencia de xénero, problema que dá lugar a moitas mortes ao ano. Nesta charla, debatemos sobre este tema, que non só ten consecuencias físicas senón tamén psicolóxicas. Observamos as diferentes fases que se experimentan nesta situación, sobre todo a nivel de sentimentos e pensamentos e das actitudes que se adoptan ante este tipo de problemas. Amanda pertence a unha fundación de mulleres luguesas contra a violencia de xénero. " eMuller "

-Reparto: Manuela VellésJavier GutiérrezMariano VenancioBiel DuránAna GraciaJosé Luis TorrijoManuela PasoJunio ValverdeLuis JiménezRoger Álvarez.

-A curta céntrase na violencia de xénero. Julia, a protagonista, ten a oportunidade de ver o que a vida vai ser co home que lle prometeu "coidala sempre" e só recibe abusos, unha muller que, a pesar de ter voz e falar, desaparece, totalmente incapaz de dicir o que sente dentro da súa alma. Vénse representadas as diferentes fases que se suceden neste tipo de situacións e as diferentes condutas que as persoas adoptan. É unha curta esencialmente simbólica. Algúns destes símbolos son os que seguen:
-Cinto: simboliza a superioridade de Marcos sobre Julia e a obedencia que esta lle debe. Marcos pretende pasar esta forma de pensar ao seu fillo mediante este obxecto.
-Bañeira: simboliza a incapacidade para saír da situación na que vive.
-Baño: a porta deste sempre está aberta, o que simboliza a vulnerabilidade da muller pola súa sexualidade e que como sempre está vixiada e controlada. Tamén, Julia sempre aparece espida, o cal representa esa vulnerabilidade e inferioridade con respecto ao xénero masculino.
-Avión: é o xoguete do seu fillo, Marquitos, que se rompe no momento que este descobre a situación que está ocorrendo. Simboliza a ruptura da relación co seu pai e comeza a darse conta do que sucede.